Falamos para resolver. Construímos acordos sólidos, con método e confianza.

Mediación profesional para avanzar sen conflito

Un método rigoroso, confidencial e eficaz para resolver conflitos civís, mercantís e organizativos sen recorrer directamente aos tribunais.

Que é MEDIAGAL?

Mediación profesional
en Galicia

MEDIAGAL é un servizo profesional de mediación en Galicia orientado á resolución de conflitos, conforme á normativa vixente e aos principios de imparcialidade, confidencialidade e seguridade xurídica.

En MEDIAGAL entendemos a mediación non como un trámite, senón como unha oportunidade real para avanzar cara a acordos xustos, sostibles e legalmente seguros.

Imparcialidade
Confidencialidade
Seguridade xurídica
Para quen é a mediación

Un servizo adaptado ás diferentes realidades

Público en xeral

Para persoas que buscan resolver conflitos familiares, civís ou persoais dun xeito dialogado, confidencial e menos custoso.

Saber máis

Profesionais xurídicos

Como método complementario á práctica xurídica, que permite cumprir co requisito previo MASC e ofrecer aos clientes unha alternativa rigorosa antes da vía xudicial.

Saber máis

Empresas e administracións

Para a xestión eficiente de conflitos organizativos, contractuais ou institucionais, reducindo custos, tempos e impacto relacional.

Saber máis

Entidades educativas e formativas

Como ferramenta preventiva e educativa para mellorar a convivencia e a xestión dialogada dos conflitos.

Saber máis
A mediación

Un camiño máis
eficiente para
resolver conflitos

Comprender · Dialogar · Acordar

01
Non é ganar nin perder

Non se trata de impor unha decisión allea. Trátase de comprender o conflito e identificar as necesidades reais de cada parte.

02
Construír acordos posibles

Desde o respecto e a responsabilidade compartida, as partes constrúen xuntas solucións sostibles e duradeiras.

03
Máis eficiente

A mediación reduce tempos, custos e desgaste emocional fronte á vía xudicial, con plenas garantías legais.

Como traballamos

Como é a mediación en MEDIAGAL?

En MEDIAGAL acompañamos ás partes ao longo de todo o proceso de mediación, desde o primeiro contacto ata a formalización dos acordos.

01
A persoa mediadora facilita, non decide

O seu labor é facilitar a comunicación, ordenar o diálogo e crear un espazo seguro no que poidan xurdir acordos reais e viables. Non impón solucións.

02
Rigor técnico e humano

Traballamos con criterios de rigor técnico e humano, contando, cando é preciso, coa colaboración doutros profesionais especializados (economía, psicoloxía, ámbito laboral…).

03
Adaptado a cada caso

Cada proceso adáptase ás circunstancias concretas do conflito, garantindo sempre confidencialidade, imparcialidade e seguridade xurídica.

MEDIAGAL

Mediamos por ti

Contacta connosco

Por que elixir MEDIAGAL?